domingo, 18 de outubro de 2015

ESQUEMA DAS LINGUAS.

           


            Aquí podes atopar un esquema resumindo as explicacións das anteriores publicacións.



martes, 13 de outubro de 2015

LINGUAS EUROPEAS


           

   Nas últimas clases demos as linguas europeas. Aquí podes  observar o procedemento das linguas e de onde proveñen. 
                          
         

mércores, 7 de outubro de 2015

Tipos e clasificacións das linguas.

 

                         Demos as linguas flexivas e aglutinantes entre moitas máis...
   
     -As flexivas cambian tanto en xénero e número. Ex: neno-nenos, nena-nenas. (O castelán e galego son flexivas).
    -As aglutinantes non cambian, agrupan a unha soa palabra varios elementos, cada un dos cales ten un significado fixo e individual.


                          Clasificación das linguas.

          A clasificación das linguas pode ser: tipolóxica ou xenética.
       - Tipolóxica: ten en conta a estructura e o funcionamento da lingüa.
       - Xenética: ten en conta a orixe das lingüas.

      Protolingua: é unha lingua reconstruída da que non temos ningún documento. 

      Familia lingüística: é o conxunto de linguas que proceden dunha lingua común.

Palabras rematadas en -loxía.

           



         Na última clase dixemos os significados das seguintes palabras rematadas en -loxía (estudo): antropoloxía, bioloxía, xeoloxía, tecnoloxía e psicoloxía.
   
            Os significados son:
          - Antropoloxía: Antropo: home. // Estudo do ser humano.
          - Bioloxía: Bio: vida. // Ciencia que estuda a vida.
          - Xeoloxía: Xeo: terra. // Ciencia que estuda a Terra.
          - Tecnoloxía: Tecno: técnica. // Estudo da técnica.
          - Psicoloxía: Psico: mente. // Estudo da mente.


       
   
     

Vocabulario.


Cultura Clásica.

          Aquí podes atopar o noso primeiro esquema.